Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arrincaron as obras de ampliación do Cemiterio de Carballo

O Concello valora a gran acollida da campaña informativa sobre a recollida de residuos a grande produtores
03092021 obras_cemiterio
Arrincaron as obras de ampliación do Cemiterio de Carballo

Acaban de comezar as obras da primeira fase das obras de ampliación do cemiterio de Carballo, que permitirá ter 720 novos nichos e 96 columbarios, nesta primeira fase (na segunda haberá 9 bloques máis). En total está prevista a construción de 456 panteóns con 1.824 nichos e de 256 columbarios distribuídos en 64 columnas.

A empresa Vázquez y Reino ten un prazo de execución de 4 meses nesta obra que conta con case 650.000€ de orzamento, con cargo ao remanente de tesourería do ano 2019.

Campaña de residuos

Mentres, o Concello continúa coa campaña informativa sobre residuos para grandes produtores. Xa levan 122 visitas e segundo aseguran, “a acollida está sendo excelente, e a valoración dos servizos, tamén. Quedan aínda por diante outras 380 viistas a comercios e establecementos de hostalaría, para seguir aumentando a rede de empresas comprometidas coa xestión sostible de residuos, integrada por máis de 200 negocios dos sectores máis variados.

Obras na rúa Tarragona

rua_tarragona

Os traballos de demolición dun edificio fóra de ordenación cedido con esa finalidade ao Concello de Carballo marcan o inicio das obras de reurbanización da rúa Tarragona no treito comprendido entre as veciñas rúas da Saúde e Barcelona: 31 metros de lonxitude, 12 de ancho e 396,58 metros cadrados de superficie. Os traballos son executados pola empresa Gestal y López cun orzamento de 58.869,19 euros.

A obra permitirá dotar á rúa do servizo de abastecemento de auga, que agora chega ás vivendas a través das canalizacións existentes nas rúas Saúde e Barcelona. Tampouco hai rede separada de augas pluviais e residuais, do mesmo xeito que non hai redes de gas ou fibra.
 

Comentarios