Venres. 29.03.2024
El tiempo

O confinamento provocou unha redución da sinistralidade dun 40%

xunta_local_seguridade de Carballo 2020
Imaxe da Xunta Local de Seguridade de Carballo
O confinamento provocou unha redución da sinistralidade dun 40%

Esta foi unha das conclucións que explicaron onte as forzas da orde na Xunta Local de Seguridade de Carballo. Entre xaneiro e setembro rexistráronse na zona urbana 191 accidentes de tráfico, 131 menos que no mesmo período o ano anterior debido, fundamentalmente, ao confinamento durante o primeiro estado de alarma. Así mesmo se reduciron á metade as denuncias por infraccións de tráfico.

A Xunta tamén abordou os actos vandálicos rexistrados na vila nas últimas semanas, porén as forzas de seguridade constatan un importante descenso da delincuencia.

VIOGEN

Un dos temas máis importantes da sesión foi teren chegado a dous acordos en clave de violencia machista. Renovouse o convenio co Ministerio de INterior para que a Policía Local poida usar o sistema Viogén, de seguemento integral dos casos de violencia de xénero.

Ademais, confirmouse o cambio no protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local para garantir o cumprimento das medidas xudiciais de protección ás vítimas de violencia machista.

Quen participa?

Na Xunta Local de Seguridade participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, Pilar López-Riobóo; o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane; as concelleiras Milagros Lantes, do grupo de goberno do BNG, e Paula Nogueira, do PP, como partido maioritario da oposición; o xefe da Policía Local, Roberto Mosquera; o coordinador de Protección Civil, Javier Souto; o coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina; o comandante do posto principal da Garda Civil de Carballo, Pablo Martínez Tortosa; o inspector da Unidade Adscrita da Policía Autonómica, Antonio Nieto Lamas; a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Isabel Álvarez, e a técnica de Administración Xeral do Concello, Susana Mariño, en calidade de secretaria. Ademais, como convidados/as, en representación dos outros dous partidos da oposición, asistiron María Torres, do PSOE, e Andrés Eirís, de Terra Galega.

Comentarios