Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Consello Deportivo Municipal de Carballo ten novos representantes dos clubs

Eleccions do Consello Deportivo Municipal de Carballo
Eleccions do Consello Deportivo Municipal de Carballo
O Consello Deportivo Municipal de Carballo ten novos representantes dos clubs

25 dos 46 colectivos con dereito a voto participaron este pasado xoves nas eleccións do Consello Deportivo Municipal. Un órgano formado polo alcalde, que é ademais o seu presidente; un vogal de cada grupo político con representación na corporación, cinco representantes de asociacións e clubs deportivos e un representante de outras entidades que traballen vencelladas ao eido do deporte.

A Fundación Luís Calvo foi a única que presentou candidatura como entidade, e formará parte do Consello. Ademais, os cinco clubs máis votados, e que polo tanto terán representación foron o Club Ciclista Carballo, Escolas Balonmán Xiria, S.D. Sofán, Escola Basket Xiria e A.D. Media Ducia. Como suplentes estarán o Club Ciclista Monteneme, Escola Lubiáns de Hockey a Patíns e Virgentis Salvamento Bergantiños.

Este órgano serve de asesoramento, consulta, proposta, información e participación veciñal.

Comentarios