Domingo. 01.11.2020
El tiempo

O Consello Escolar de Carballo lamenta a tardanza para establecer protocolos no comezo de curso

O Consello Escolar de Carballo lamenta a tardanza para establecer protocolos no comezo de curso

Esta semana houbo reunión do Consello Escolar Municipal de Carballo. O CEIP Fogar recibía a 15 dos 24 membros do órgano, para analizar este especial comezo de curso.

Os protocolos arredor do COVID foron os protagonistas da conversa. Toda a comunidade escolar parece comprender a situación de excepcionalidade vivida, pero tamén coincide en criticar a tardanza no establecemento dos protocolos para garantir xa neste curso a máxima seguridade na actividade educativa.

Os representantes das familias e do profesorado referíronse a aspectos como a limpeza e desinfección tanto dos edificios coma dos autobuses do transporte escolar, pero tamén puxeron sobre a mesa a súa preocupación con respecto tanto á falta de coordinación no uso de plataformas online coma ás dificultades de acceso a Internet que padecen aínda moitas familias, sobre todo na zona rural.

No apartado de rogos e preguntas expuxéronse, sobre todo, reflexións, pero tamén cuestións sobre aspectos coma o funcionamento do transporte escolar nos colexios de Sofán e Razo, que nalgún caso obriga aos escolares a pasar ata 50 minutos no autobús.

comentarios