Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A cultura mantense viva “ao redor dos muros” do nadal carballés

Cultura arredor dos Muros
Así arrincou o programa de Nadal
A cultura mantense viva “ao redor dos muros” do nadal carballés

Arrincou este sábado 5 de decembro o novo programa de actividades de Nadal convocado pola Concellaría de Turismo e baseada nas bras de arte urbano de “Derrubando muros con pintura”.

A proposta “Ao redor dos muros en Nadal” consiste en animar ás familias a disfrutar doutro xeito este nada, con xogos ao aire libre, visitas guiadas polos murais e pequenas representacións teatrais.

En todo caso, por mor do temporal Dora, as primeiras representacións desenvolvérose no segundo andar do Mercado Municipal, cunha boa acollida. Da primeira batida, aínda quedan dúas citas: o luns 7 de decembro coa obra “Do revés” (inspirada no mural Vergoña) habendo dúas sesión ás 18.00 e 18.30 h; e o martes 8 de decembro con “Noivos por Internet” (inspirada no mural De camiño vou) con dúas sesión ás 18.00 e 18.30 h.

Ademais, está previsto que haxa unha nova quenda de representacións entre o 18 e o 22 de decembro, ademais do programa de rutas guiadas polos murais de arte urbana que se desenvolverán entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro, que pronto coñeceremos.

Xogo de Pistas

Divertido o xogo que propón o Concello, para que as familias vaian descubrindo cousas polos nosos murais. Hai que inscribirse en [email protected] ou no 981 702 077, dende onde enviarán instrucións. As datas serán do 21 de decembro ao 5 de xaneiro e os que rematen terán premio.

aoredordosmuros

Comentarios