Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Derrúbase unha vivenda deshabitada no medio de Verdillo

Derrubamento dunha casa en Verdillo
Derrúbase unha vivenda deshabitada no medio de Verdillo

Xa caera parte do tellado e a zona estaba balizada á espera de afrontar o arranxo dunha vivenda deshabitada no lugar de Ganduma, en Verdillo. Pero onte ao mediodía acababa de caer toda a fachada dianteira do primeiro andar.

Os cascotes estaban invadindo a beirarrúa, a beiravía e gran parte dun carril da calzada. Acodiron, entre outras forzas de seguridade, os Bombeiros de Carballo, que se ocuparon de retirar os cables que había no medio do escombro (tendido eléctrico, alumeado público e teléfono), aillando os cables eléctricos para evitar o contacto. Posteriormente retiraron o escombro que afectaba ao carril e balizamos toda a zona para impedir o acceso, quedando pendente que os medios co concello pasaran a retirar o escombro.

Comentarios