Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Detida unha empregada do fogar por roubar preto de 6.000€ en Carballo

Detida unha empregada do fogar por roubar preto de 6.000€ en Carballo

A Garda do Posto Principal de Carballo procedeu á detención de M.F.R. , como presunta autora dun delito de hurto en interior de vivenda. A investigación iniciouse cando a vítima dos feitos presentou denuncia, manifestando que sufrira unha serie de roubos de xoias e diñeiro no seu domicilio, de forma continuada.

A investigación deparou que a presunta culpable foi a que era empregada do fogar, que supostamente sustraera á vítima 800€ en metálico, un reloxo valorado en 4.000€ e xoias que vendeu nun establecemento de compra de obxectos de ouro, do que puido recibir pola venda 1000€.

Os efectos subtraídos non se puideron recuperar porque xa foran fundidos.

Comentarios