Martes. 17.09.2019
El tiempo

Detido un carballés por ir a 157km/h nun tramo de 50

Detido un carballés por ir a 157km/h nun tramo de 50

A 157hm/h por un treito de 50km/h, no km.3.1000 da DP-1914 de Carballo -Santiago, nun punto negro preto dun paso de peatóns, foi cazado un carballés de 45 anos, residente fóra da comunidade, ao que lle constan outros antecedentes e reincidencia de feitos semellantes. Foi inmediatamente detido pola Patrulla da Garda Civil de Tráfico da Coruña, por un presunto delito contra a seguridade vial por superar a velocidade permitida nun 214%.

En caso de ser condenado polo procedemento de xuízo rápido no Xulgado de Guardia carballés, podería enfrontarse a unha pena de prisión de 3 a 6 meses, e multa de 6 a 12 meses, e eliminación do carnet de conducir de 1 a 4 anos.

Comentarios