Luns. 16.09.2019
El tiempo

Detido un carballés como presunto autor dun roubo con violencia en casa habitada

Detido un carballés como presunto autor dun roubo con violencia en casa habitada

O Equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo, detivo a un individuo como presunto autor dun roubo con violencia en casa habitada.

Os feitos ocorreron o día 06 de abril do ano en curso, cando o detido accedeu a través dunha fiestra, a unha vivenda no lugar de Proame - A Laracha. No interior da mesma atopábase a propietaria, á cal obrigou mediante violencia a que lle indicase o lugar onde gardaba as xoias, subtraendo as mesmas, sendo valoradas pola vítima nuns 1.000 euros.

Ata o lugar desprazouse o Equipo de Policía Xudicial, para a recolleita dos vestixios e probas que conducisen á identificación do autor.

Trala análise minuciosa das evidencias recolleitas e as xestións realizadas, lograron a identificación plena do autor, procedendo á detención do mesmo. O detido e as actuacións realizadas, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Carballo

Comentarios