Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Detido un home tras escapar dun control policial en Carballo

Detido un home tras escapar dun control policial en Carballo

A garda Civil de Carballo realizaba un servizo de vixilanza a pasada mañá de martes, arredor das 9:20h, cando observaba como un vehíuclo realizaba unhas manobras temerarias e a gran velocidade polo centro da localidade. Os axentes intentaron frear o vehículo, un Nissan X-Trail con danos na porta traseira, coas indicacións, pero non fixo caso polo que comezaba unha persecusión.

Lograron alcanzalo tras varios minutos de perseción, pero ao intentar proceder á súa identificación o home negouse a saír o vehículo, tendo a Garda Civil que utilizar a forza para reducilo e detelo.

Comentarios