Martes. 23.04.2024
El tiempo

Dous veciños de Carballo forman parte da nova directiva da Cámara de Comercio da Coruña

Dous veciños de Carballo forman parte da nova directiva da Cámara de Comercio da Coruña
pleno-camara-comercio-coruna Onte tivo lugar a sesión constitutiva do novo pleno da Cámara de Comercio de A Coruña Dous veciños de Carballo forman parte do novo comité executivo da Cámara de Comercio da Coruña constituido onte e que estará presidido por Antonio Couceiro Méndez. Así, Luz Pardo Longueira - como vicepresidenta segunda - e Diego Vázquez Reino - vogal 6º -, os dous de Carballo, son parte da nova directiva. Na sesión constitutiva do novo pleno da Cámara que tivo lugar onte, estivo presidida pola directora xeral de Comercio - Sol María Vázquez Abeal - e o secretario da institución - Gonzalo Ortiz Amor -. Despois da lectura da relación de vogais do pleno e posterior constitución da mesa de idade, procedeuse á elección da presidencia e dos membros do Comité Executivo. A única candidatura rexistrada na sede da institución evitou un proceso de votación. Os órganos de goberno da Cámara de A Coruña quedaron compostos da seguinte forma:
  • Presidente: Antonio Couceiro Méndez
  • Vicepresidente 1º: Patricio Erhardt Barrenechea
  • Vicepresidenta 2º: Luz Pardo Longueira
  • Tesoureiro: Fernando Míguez Rey
  • Vogal 1º: Roberto Tojeiro Rodríguez
  • Vogal 2º: Antonio Abril Abadín
  • Vogal 3º: Gerardo Fuertes Allerdi
  • Vogal 4º: Javier Sancho Hernández
  • Vogal 5º: Joaquín Pérez Bellido
  • Vogal 6º: Diego Vázquez Reino
No seu discurso, Antonio Couceiro sinalou que os obxectivos inmediatos da nova directiva son a posta en marcha do Plan de Promoción Industrial de A Coruña, a consolidación do programa de becarios no exterior e a creación dun centro empresarial de idiomas orientado aos negocios. Fonte  

Comentarios