Venres. 29.03.2024
El tiempo

Durmir nun teatro, a singular experiencia do Fiotiño

O FIOT abre o prazo de inscrición para o campamento infantil Noite branca no teatro

Cartel Noite Branca Fiotino
Durmir nun teatro, a singular experiencia do Fiotiño
Durmir nun teatro, a experiencia singular do Fiotiño

Durmir nun teatro. Esa é a singular proposta da Noite Branca enmarcada na programación infantil de O Fiotiño. Unha fermosa velada chea de obradoiros relacionados coas artes escénicas, completada coa experiencia única de durmir nun teatro, pensada para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos.

Pois o prazo de inscrición para a actividade, que se celebrará na noite do venres 27 de setembro, estará aberto entre os días 16 e 25 de setembro no Pazo da Cultura ou no enderezo electrónico [email protected].
En total, o campamento teatral que organiza a Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración da Asociación Aloumiños contará cun total de 25 prazas, e o prezo por participante é de 20 euros.

Máis Fiotiño

Para máis información sobre esta e outras actividades infantís do FIOT, como o XIX Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, ou a programación para todos os públicos do festival, pódese visitar www.fiot.gal.

Novas relacionadas

Comentarios