Venres. 19.04.2024
El tiempo

En marcha a peonización da Rúa Colón

En marcha a peonización da Rúa Colón
Repintado da Rua Cervantes previa as obras na rua Colon de Carballo

Un dos proxectos máis importantes da reurbanización e humanización co centro carballés é a peonización da rúa Colón. Un proxecto integral de modelo de cidade, que inclúe a proposta grafiteira de Derrubando Muros ou o pedibús.

Hoxe toca centrarse nos traballos de repintando que se están realizando na rúa Cervantes (pasará a ser de doble sentido) como paso previo ao inicio das obras de reurbanización da rúa Colón. Os labores comezaron a finais de xaneiro, pero a choiva impediu que se rematase o repintado. Agora, coa chegada do sol, espérase rematar co pintado en breve e que a rúa cambie o seu sentido da circulación a partir do mércores 11 de febreiro, cando xa comezará o peche da rúa Colón.

A actuación implica a eliminación das prazas de aparcamento, a eliminación das beirarrúas e das varandas que separan a Praza da vía, e a creación dunha ampla zona de carga e descarga para facilitar o labor dos comerciantes nos días de feira e mercado, ademais de que os vehículos poderán circular do mesmo xeito que na rúa Valle Inclán. Manteríanse as árbores e gañaríase espazo para a Praza do Concello. O prazo de execución é de catro meses, polo que podería estar lista para comezos de verán.

A actuación foi adxudicada por un importe de 233.046 euros, IVE incluído. Esta proposta, incluída no Plan DTC 93 da Deputación da Coruña. Así quedará:

Asi quedaria a Rua Colon de Carballo trala peatonalizacion

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios