Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Encontro da Economía Alternativa e Solidaria ratifica a creación do Mercado Social Galego

Mercado Ecosocial no Casino de Carballo
O Casino1889 de Carballo acolleu a cita
O Encontro da Economía Alternativa e Solidaria ratifica a creación do Mercado Social Galego
O Casino 1889 de Carballo acolleu esta fin de semana o 5º Encontro da Economía Alternativa e Solidaria. Un encontro impulsado pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS), que ratificou o compromiso de crear este ano o Mercado Social Galego, unha rede de produción, distribución e consumo impulsada pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS) que xa funciona con éxito noutras comunidades.

A cita serviu para recordar que a Economía Social (cooperativas, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral ou sociedades agrarias de transformación, entre outras, recollidas na Lei Galega da Economía Social do 2016) supoñen arredor do 7% do PIB galego.

Exemplos de economía social en tempos de pandemia

Unha das actividades do Encontro é a serie de micropresentacións de entidades, o coñecido “Reascunchiño”. Así, debullaron as súas experiencias xentes como Colectivo Xebre, Carabel das Cabras, Asociación para o coidado da terra, Árbore, Feitoría verde, Nobooks Galicia, Intercedes, Fiare Banca Etica, Cidadanía, Ítaca software libre, Zocamiñoca, Xallas, A Sabia - Moeda Galega ou a Rede Portuguesa de Economia Solidária, entre outras.

Presentáronse como a “alternativa eficiente e solidaria ao mantemento económico local”.

Mercado Social Galego

Unha das cuestións máis importantes que saíron deste encontro son os primeiros pasos cara a conformación efectiva do Mercado Social Galego, unha rede de produción, distribución e consumo que xa funciona con éxito noutras comunidades como Madrid ou Cataluña. Reas Galicia prevé que estará listo antes de final do 2020 e con el preténdese, entre outras cuestións, impulsar o consumo entre entidades da economía social.

Mercado Ecosocial no Casino de Carballo 1

Comentarios