Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Evencio Ferrero critica á Xunta por "facer caixa con Carballo"

Evencio Ferrero critica á Xunta por "facer caixa con Carballo"
Imaxe de arquivo do polígono de Bértoa, en Carballo Imaxe de arquivo do polígono de Bértoa, en Carballo Se primeiro eran os nacionalistas da Costa da Morte os que criticaban os Orzamentos da Xunta para o ano 2016 aprobados esta semana, agora é o BNG de Carballo, liderado por Evencio Ferrero, quen di que goberno de Feijóo "volve a demostrar a súa falta absoluta de compromiso con Carballo e cos habitantes do principal núcleo de poboación de toda a Costa da Morte". Segundo indican os nacionalistas carballeses nunha nota de prensa, nos Orzamentos para o 2016 da Xunta non figura ningún investimento directo nin ningún dos proxectos pendentes dende hai anos, coma a circunvalación ou a urbanización dos tramos da travesía da AC-552 que se corresponden coas avenidas de Bértoa e Fisterra, ou que mesmo chegaron a ter consignación orzamentaria e "foron retirados polo partido Popular", coma o abastecemento de auga á zona de Baldaio. "A única referencia expresa a Carballo nos Orzamentos de investimentos para o 2016 correspóndese con 78.998,28 euros que consigna Xestur para o polígono industrial. Mentres, a Xunta prevé recadar 2.132.901,84 euros o ano que vén pola venda de parcelas nese mesmo polígono, que, segundo se desprende da memoria da empresa pública, será o que acade maior desenvolvemento de toda Galicia", indican o BNG de Carballo. Ante estes feitos, o alcalde Evencio Ferrero critica que “a Xunta fai caixa con Carballo”. Mais aló dos investimentos obrigados na Unidade Asistencial de Drogodependencias, que presta servizo a usuarios e usuarias de toda a Costa da Morte, ou no plan de Transporte Metropolitano, a administración galega recadará dous millóns pola venda de parcelas no polígono de Bértoa dos que non recibiremos nin a “lexítima”, denuncia o rexedor nacionalista.   Fonte Novas relacionadas

Comentarios