Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Falece un veciño de Carballo e outro está ferido tras caer un andamio na Coruña

Accidente laboral en Novo Mesoiro
Imaxe da caída do andamio que provocou o accidente laboral en Novo Mesoiro
Falece un veciño de Carballo e outro está ferido tras caer un andamio na Coruña
Falece un veciño de Carballo e outro está ferido tras caer un andamio na Coruña

Tarde fatídica en Novo Mesoiro. Dous operarios sufría un accidente laboral ao caer o andamio no que traballaban. O suceso acontecñia arredor das 14:30h. O 061 achegábase ao lugar, e os Bombeiros, coa colaboración dos axentes da Policía Nacional e Local, e Protección Civil, tiveron que liberar un dos traballadores, para trasladalos ao CHUAC.

Varias horas despois, un dos profesionais, R.C.T.L., de 42 anos, veciño de Carballo e xogador Veterano do Deportivo Razo, falecía, ficando o seu curmán en estado de gravidade.

Durante o accidente, a caída da estrutura provocou a avaría de varias tubarías de gas, pero non chegou a producirse un escape. Por precaución, efectuouse o corte na subministración do combustible e, unha vez rematada a intervención, os servizos de emerxencia aseguraron que as medicións eran negativas.

A empresa implicada Remifer SL, está ubicada no Polígono Industrial Bértoa.

Comentarios