Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha ferida tras un accidente en Rus

Accidente en Rus-Carballo
Unha ferida tras un accidente en Rus

Este pasado mércores, ás 7:25 da mañá, rexistrábase un novo accidente na DP-1914, no punto quilométrico, a altura de Rus, Carballo. Foi unha colisión frontolateral entre 2 vehículos con resultado dunha única persoa ferida, a condutora e única ocupante do vehículo Seat Ibiza. A única lesión que presenta, aparentemente, é un corte na orella esquerda e atópase consciente e orientada.

Os Bombeiros de Carballo, despois da valoración por parte dos sanitarios da ambulancia, facilitaron a saída da persoa retirando os respaldos dos dous asentos dianteiros para que poidera sair pola porta traseira dereita, xa que as portas esquerdas estaban bloqueadas debido ao impacto. A ferida foi trasladada pola ambulancia do 061 a un centro sanitario.

Unha vez retirados os vehículos da vía, os Bombeiros procederon a realizar a limpeza dos restos de cristais e líquidos presentes na calzada.

Comentarios