Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ferrero responde ao PP na súa presentación como candidato: "Non vos fagades falsas expectativas"

Ferrero responde ao PP na súa presentación como candidato: "Non vos fagades falsas expectativas"
Lista do BNG de Carballo para as municipais 2019 Lista do BNG de Carballo para as municipais 2019 con Ana Pontón

Tralas duras acusacións que Aurelio Núñez verteu durante a súa presentación sobre Evencio Ferrero, o alcalde nacionalista quixo responder no acto deste pasado mércores. A cita, que servía para presentar oficialmente a candidatura de Evencio para as Eleccións Municipais de maio de 2019, contou coa presencia da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Ferreiro tirou de ironía para responder ás acusacións do PP. “Chegan a afirmar que estou de paso en política, precisamente eu, de paso? Pois nada máis que engadir aparte de avisarlles que os meus pasos son lentos e que non se fagan falsas expectativas”. Deixou claro que “renovo o meu compromiso con Carballo, este pobo que tanto queremos, que tanto nos dá e ao que tanto nos queda aínda por darlle”.

Tivo palabras en clave nacional o alcalde, dando a razón á propia Pontón, que denunciaba que “Feixóo non cumpre con este concello”. Evenvio lamentou “a arbitrariedade” da Xunta que ignora as necesidades da vila en materia de ampliación de solo empresarial, da circunvalación, no abastecemento de augas ás parroquias, na mellora da travesía de Bértoa ou na posta en marcha dun plan contra as inundacións. O PP de Feixóo “non investiu un euro na ampliación da rede de saneamento, nin no ciclo integral da auga, nin na escola infantil, nin mantiveron as consignacións orzamentarias previstas”, denunciou.

Cheo na presentacion do BNG de Carballo Boa acollida na presentacion do BNG de Carballo

Pontón puxo sobre a mesa as cousas que considera tan importantes do goberno municipal. “Carballo ten un alcalde que apoia o comercio local, que fixo da creación de emprego un motor de desenvolvemento económico, un alcalde feminista que está ao lado das mulleres, orgulloso do propio, que pensa que as linguas non dividen, ao contrario, o galego é o que máis nos une. Un alcalde que mellorou a vida da xente e lles devolveu aos veciños e veciñas o orgullo de ser de Carballo”, sintetizou.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/aurelio-nunez-sinala-que-evencio-ferrero-so-sera-a-foto-do-cartel-do-bng-na-sua-presentacion-como-candidato-do-pp/

Comentarios