Martes. 16.04.2024
El tiempo

Fin de semana cultural no Casino

Porlier e Zapatismo no Casino Carballo
Fin de semana cultural no Casino

Este sábado 8 de maio, novamente no Casino1889 ás 19:00h, Fran Naveira e Xabier Maceiras presentan en formato audiovisual “Porlier en Pastoriza”, un espectáculo teatral e musical basado no alzamento liberal liderado polo mariscal Porlier contra Fernando VII en 1815 que o Colectivo Melandrainas representou en 2018 e 2019.
Con guión de Henrique Rabuñal e Miguel Sande, música de Víctor Iglesias e Dequenvessendo, dirección de Marga Fernández e Queta Soto e organización da Asociación O Grilo, o Colectivo Melandrainas realizou esta recreación histórica con máis de 70 persoas e 2 cabalos.

A parte da obra, o público do Casino tamén vai poder ver unha peciña audiovisual na que Naveira e Maceiras entrevistan a varios integrantes do elenco artístico e ás persoas que fixeron posible este proxecto.

Ademais, o domingo 9 de maio terá lugar no local do Casino1889 o seminario 'Orixes do Zapatismo' ás 12h, que consistirá nunha proxección documental con debate. A actividade insérese no marco do programa da comitiva zapatista que partiu onte de México e que arribará a Vigo no próximo mes de xuño e pretende crear e coordinar un grupo de axuda ante a inminente chegada das compañeiras zapatistas á Galiza. As persoas interesadas que non poidan asistir domingo ao seminario, poden contactarnos no email [email protected].

A entrada será libre e por rigorosa orde de chegada, ata completar aforo. Prégase máxima puntualidade debido aos protocolos sanitarios.

Comentarios