Venres. 30.10.2020
El tiempo

O FIOTenpausa non para

Carmen Machi é unha das actrices de Prostitución
Carmen Machi é unha das actrices de Prostitución
O FIOTenpausa non para
As restricións da Xunta paralizan boa parte dos programas cuturais da comarca. Non así co FIOT en pausa, que mantén as súas actuacións respectando todos os protocolos.

FIOTenpausa

de espectáculos da última fin de semana do FIOT en pausa. Unha segunda fin de semana chea de obras singulares, para as que quedan as últimas entradas.

Por exemplo, hoxe venres 16 de outubro, ás 19.00 horas sairá do Fórum Carballo (rúa Luis Braille) unha nova representación itinerante da obra creada por FIOT e LIDISS e presentada a semana pasada, A lúa, válvula de spray.
Ademais, o propio venres ás 21.00 horas o Pazo da Cultura acolle a estrea A xente 2.0, de Amorodos Producións. 

O sábado comeza con microescenas

ferro, federici excerpt from Helena Salgueiro on Vimeo.

O sábado arrinca ás 12:30 co IV Certame de Micro-Escenas M2. O Salón de Plenos da Casa do Concello acolle a obra Ferro, Federici, de Helena Salgueiro, que se repetirá ás 13:30, 18.00 e 19.00 horas.
Paralelamente, ás 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00 horas a Ludoteca municipal acolle outra proposta do certame: Lara Hierro: monólogo para o corpo en movemento, de Constance Hurlé.

Xa ás 19.00 horas hai nova saída de A lúa, válvula de spray. E Ás 20.30 horas o Pazo da Cultura acolle Liberto, de Rebordelos.

Liberto from Rebordelos on Vimeo.

O domingo hai novas saídas ás 13.00 horas e 19.00 horas de A lúa, válvula de spray.

E pechará o programa unha das estrellas, Prostitución, de Check-in Producciones, con Carmen Machi, ás 20.30 horas no Pazo da Cultura
 

Novas relacionadas

comentarios