Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A hostalería e o ocio nocturno piden axudas directas ao goberno municipal carballés

Xuntanza Hostelería-Ocio Nocturno Carballo 04.11.20
A hostalería e o ocio nocturno piden axudas directas ao goberno municipal carballés

Feijoo anunciaba este mércores que haberá axudas para a hostalería que tivo, que ten e que seguramente terá, que botar o peche. Unha hostalería que ve o peche como un golpe moi difíficl de superar, pero que espera algún tipo de “rescate”.

Así llo trasladaron os representantes da Hostalería de Carballo e do Ocio Nocturno ao concelleiro do PP carballés e deputado no Parlamento de Galicia, Rubén Lorenzo, nunha xuntanza celebrada este mércores. Lorenzo recoñeceu o “o grave dano que está a facer a pandemia do Covid-19 a este sector” e trasladoulle iniciativas que xa anunciou a Xunta e que se porán en marcha nos vindeiros días así como as axudas para o pago de alugueres de locais a negocios afectados polo peche obrigatorio, de máximo ata 7.000€.

Lorenzo amosou toda a súa disposición para levar a voz da hostalería ao Parlamento e ao pleno e tomou nota das peticións da Asociación, que conta con máis de 70 socios, entres eles 4 locais de ocio nocturno que xa levan demasiado tempo tocados. “Estamos todos tocados pero os locais de ocio nocturno teñen que seguir pagando, autónomos, o IBI ou os alugueres, o lixo… Por iso gustaríanos de que dende o Concello houbese axudas directas”, explican dende a Asociación. Unha petición que trasladará Lorenzo en forma de moción ao pleno.
Unha moción con distintas demandas para levar acabo unha mellora fiscal que axude a paliar a situación que están a pasar, entre as que lles destacou: “a exención de taxas terrazas para o 2021; a rebaixa da taxa de lixo para os negocios que teñen unha merma de actividade e exención para os que sofren peches obrigados polas restricións, rebaixa no IBI dos locais, sempre que repercuta nos negocios e axudas directas por parte do Concello. Ademais da exención de taxas en permisos de obra necesarios para adaptar os locais á nova situación derivada da Covid 19”, explica Lorenzo.

Os hostaleiros manterán unha reunión para a semana co alcalde Evencio Ferrero e co deputado Daniel Pérez.

 

Novas relacionadas

Comentarios