Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Instalan unha mesa interactiva no miradoiro de Vilela

Iviewpoint Carballo-Galicia-mesa_panorámica no Miradoiro de Vilela
Instalan unha mesa interactiva no miradoiro de Vilela

As vistas da lagoa de Baldaio dende o miradoiro de Vilela son un capricho. E se ademais lle inclúes información do que estás vendo, a visita é unha experiencia completa. Agora, gracias a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Carballo vén de instalar unha mesa panorámica que funciona como un mini museo ao aire libre neste singular punto.

Dende o mirador, e coa mesa, pódese interpretar, utilizando un smartphone, os recursos naturais e patrimoniais máis destacados da zona a través de textos e elementos multimedia incluíndo fotografías, audios e vídeos.
O acceso á información realizarase a través de antenas NFC que, integradas no mesa, permiten obter a información con só achegar o dispositivo móbil ao panel.

Complétase así a rede de miradoiros do Concello que xa conta con outros puntos de interese patrimonial e paisaxístico no Monte Neme, en Santa Mariña ou na ermida de Santa Irene, entre outros.
Ademais, grazas á instalación da mesa, o miradoiro pasará a formar parte da rede de miradoiros iViewpoint, proxecto que conta co apoio do Ministerio de Cultura.

Comentarios