Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O irmandamento de Carballo e L´Isle Jourdain mantense vivo telematicamente

Momento_do_intercambio-Ana_Cancela&Marie_Delpeyroux
Así manteñen o vínculo os rapaces carballeses e franceses
O irmandamento de Carballo e L´Isle Jourdain mantense vivo telematicamente

Esperan que todo pase para poder volver facer o verdadeiro intercambio cultural, esa inmersión lingüística que supón viaxar da man dunha vola irmandada. Pero mentras, 110 alumnos do Collège Françoise Héritier de L´Isle Jourdain e 80 alumnos do I.E.S. Parga Pondal de Carballo manteñen, dende Nadal, un intercambio na distancia a través da rede.

Deste xeito, cada dous sábados celebran encontros virtuais ás 10:30 para falar en francés ou español sobre temas de actualidade. A próxima videoconferencia terá lugar o sábado 20 de marzo para opinar sobre a moda, que tamén funciona como signo de identidade.

Ademais, ata o vindeiro 19 de abril as rúas de Carballo estarán presentes no Collège Françoise Héritier a través da Exposición “Derrubando muros con pintura”. As obras “O Carballo”, como primeiro muro do proxecto, e “Carapuchiña Feroz” estanse a usar como material didáctico. A visita á exposición é guiada e os rapaces e rapazas participan activamente facendo preguntas en español sobre todas as obras deste museo ao aire libre.

Novas relacionadas

Comentarios