Venres. 29.03.2024
El tiempo

A licitación da ampliación do polígono do Polígono de Bértoa abrirase en xuño

Comitiva polo Parque Empresarial de Bertoa
Comitiva institucional polo Parque Empresarial de Bértoa
A licitación da ampliación do polígono do Polígono de Bértoa abrirase en xuño

Xa vimos que nin a pandemia pode co Polígono de Bértoa. O parque empresarial carballés é todo un exemplo de desenvolvemento, e así o ratificou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, coa súa visita de onte.

Unha visita para para anunciar que a súa ampliación licitarase en xuño, unha demanda histórica do empresariado ao falarmos dun polígono que xa está ao 80% da súa ocupación. A ampliación será de 554.000 m2, deixando a superficie completa do parque en preto de 1,8 millóns de m2.

Tamén lembrou as 5 parcelas vendidas nos últimos meses por Xestur, por un importe de case 500.000 €. As empresas son do sector da madeira, do metal e vencelladas a diferentes actividades de carácter loxístico. En total, adxudicáronse máis de 12.000 m2 –o 22% de todo o solo adquirido ao abeiro do concurso de Xestur‑ por un importe de 491.611,61 euros logo de que aplicar unha bonificación do 50% sobre o prezo de mercado das cinco parcelas.

Plano Ampliacion Poligono de bertoa-Carballo

Mentres, outra das necesidades, a Circunvalación, segue pasiño a pasiño e está no proceso de redacción, que ten de prazo ata verán de 2022.

Dereito de superficie

Nas vindeiras semanas, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convocará outro concurso para sacar ao mercado todas as parcelas dispoñibles nos polígonos que xestiona en réxime de compravenda ou en dereito de superficie –unha modalidade que permite acceder ao solo a cambio dun canon anual moi reducido por m2 e con opción de compra‑.

Relacionados

Comentarios