Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os máis 4.500 demandantes de emprego inscritos na Bolsa de Traballo de Carballo 
actualizan os seus datos

Os máis 4.500 demandantes de emprego inscritos na Bolsa de Traballo de Carballo 
actualizan os seus datos

BDT-carballo-350px

Se o INEM non che vai atropar traballo, proba na Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo. A iniciativa municipal, que cumpre 8 anos, abre unha nova campaña de actualización dos datos das persoas usuarias do servizo. Un feito necesario para unha mellor inserción.

Por iso, ademais dun envío masivo de cartas, invita a tod@s @s demandantes a pasar polo Forum a actualizar os seus datos, para teren máis posibilidades de atopar emprego. “Manter o currículum ao día tamén denota interese e profesionalidade por parte da persoa demandante de emprego ou dunha mellora laboral”, explican.

A BDT incide na súa autonomía, moi máisdirecto e eficaz, cun contacto directo coas empresas.

Así podes contactar para modificar datos, enviar novos títulos, diplomas ou informe de vida laboral a través do enderezo electrónico [email protected] ou pide cita nos teléfonos 981709010-981709011 para achegarte ata as nosas instalacións, no segundo andar do edificio administrativo do Fórum Carballo.

Comentarios