Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis do 90% de Carballo está conectada á rede de saneamento

Máis do 90% de Carballo está conectada á rede de saneamento
Obras de Saneamento en Entrecruces Carballo Obras de Saneamento en Entrecruces Ter conectado o 91,20% da poboación dun concello á rede de saneamento é unha cifra moi importante. E aínda esa porcentaxe incrementarase en breve porque nestes momentos o Concello de Carballo ten en execución as obras de Vilar de Cidre (Razo), Cadabuxo (Sofán) e A Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños (Entrecruces). Unhas obras financiadas con cargo ao canon da auga do ano, que completan as realizadas noutros lugares das parroquias de Sofán, Rus e Artes. Non frea o Plan Director de Saneamento Municipal, pois o obxectivo é o saneamento integral do 100% do territorio. Un Plan que leva en marcha 11 anos e no que se investiron máis de 14 millóns de euros, creando ademais 5 EDAR, 17 pequenas depuradoras e 23 bombeos que dan servizo a unas 4.000 vivendas, rematando cun gran problema medioambiental que sofre boa parte da bisbarra, que é a vertedura aos ríos e rías de augas residuais sen tratamento. En termos xeográficos, dispoñen de saneamento máis do 40% dos 315 lugares do noso concello, a maioría deles núcleos con moi poucos/as residentes. De feito, só quedan nove lugares cunha poboación de entre 45 e 50 habitantes que carezan do servizo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-37-dos-fondos-do-pos-empregados-polos-concellos-para-pavimentacions-e-saneamentos/

Comentarios