Venres. 22.11.2019
El tiempo

Modificadas as zonas de estacionamento no CEIP Fogar durante as obras

Modificadas as zonas de estacionamento no CEIP Fogar durante as obras
Modificadas as zonas de estacionamento no CEIP Fogar durante as obras

Comeza o cole este mércores 11 de setembro. E no CEIP Fogar as completas obras de reforma integral que está a acometer a Consellería de Educación obrigan a modificar certas cousas. Por exemplo, as portas de entrada, que estes meses serán as da avenida de Bergantiños.

O tema do aparcamento, tras unha xuntanza coa Policía Local e o centro, decidiron reservar un espazo para os autobuses na rúa Vila de Ordes, na zona dos aparcamentos en batería, nas horas de entrada e saída do colexio. O resto do día seguirá sendo, como ata agora, de uso libre. Mentres, os turismos poderán aparcar libremente na rúa Vila de Noia.

Pedíbús

Ademais de invitar a deixar os coches nos aparcamentos gratuítos que hai arredor do centro, invitan ás familias a que os nenos e nenas que o desexen se unan ao Pedibús, con dúas rutas que saen ás 09.10 horas dende a rúa do Muíño e fronte ao Mercado Municipal.

Novas relacionadas

Comentarios