Luns. 14.06.2021
El tiempo

“Non máis minas polas rúas”

5 DE XUÑO cacas canas ruas carballo
“Non máis minas polas rúas”

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Carballo lanza unha campaña para concienciar aos coidadores de cans da necesidade de recoller os excrementos. Unha conduta incívica que debería estar superada, pero que segue provocando boa parte das queixas entre a veciñanza.

A campaña, enmarcada no proxecto #EuqueroaCarballo, inclúe instalación de papeleiras con dispensadores de bolsas, ademais da proxección dunha proxección de cine infantil, con “palomitas” incluídas, realizada pola compañía de teatro Galeatro, na que, en clave de humor, trata de mentalizar aos propietarios e propietarias de cans que non respectan a súa obriga de recoller as defecacións das súas mascotas.

A presentación da campaña terá lugar o sábado 5, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, nunha das zonas verdes da urbanización de Riotorto (43.219322, -8.693743), nun acto destinado ao público infantil. Poden reservar praza ata o venres ás 14:00h en [email protected]

comentarios