Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Normalidade na clínica de Carballo tras o caso Vitaldent

Normalidade na clínica de Carballo tras o caso Vitaldent
A clínica Vitaldent de Carballo é unha das franquicias da compañía A clínica Vitaldent de Carballo é unha das franquicias da compañía A voz de alarma saltaba onte pola mañá cando maior parte dos medios de comunicación de tirada nacional se facían eco da detención de varios membros da cúpula directiva das clínicas Vitaldent acusados, supostamente, de branquear diñeiro negro procedente dos pagos en metálico que fan mensualmente os seus franquiciados. Precisamente nar rúa Fomento de Carballo hai dende fai anos unha clínica Vitaldent na que o día de onte transcurriu con total normalidade. "Nós somos franquiciados polo que este caso non afecta á nosa tesouría nin solvencia" aseguran os xerentes da mesma e tal e como o recolle o comunicado que a compañía remitíu aos franquiciados. "Non afecta en nada ao pacientes, xa que non se están investigando as calidades ou os tratamentos, nin aos traballadores" asegura tal informe. Xunto con Ernesto Colman, propietario da rede de clínicas Vitaldent, detiveron a outras doce persoas da cúpula directiva e leváronse a cabo 15 rexistros entre os que a Policía atopou 36 coches de luxo, un avión,... Ao parecer, o fraude ascende a máis de dez millóns de euros. Ao parecer o procedemento orixinouse a raíz dunha denuncia posta por algúns dos franquiciados, donos das clínicas, que denunciaron ante a Policía que parte do canon mensual se realizase a través dun pago en metálico e non a través dunha transferencia bancaria. A mercantil Laboratorios Lucas Nicolás S.L. é propietaria da marca Vitaldent, a cal comercializa no conxunto español de forma directa unhas 200 clínicas e por medio de franquicias, unhas 300. Pola súa banda, organizacións de consumidores como a OCU aconsellan aos usuarios destas clínicas os seus pasos a seguir. Fonte

Comentarios