Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novas limpezas nas marxes do Anllóns

Brigadas prevencion de incendios no Anllons
Novas limpezas nas marxes do Anllóns

As brigadas antiincendios están facendo labores de acondicionamento e prevención de incendio na ribeira do Anllóns. Unha acción dos 8 operarios que permiten camiñar por zonas como a Ruta dos Muíños do Pan ou a Ruta dos Ríos, pero que ademais permiten ter a zona moito mellor preparada ante posibles incendios forestais.

Este tipo de traballos poden desenvolverse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propiedade descoñecida, así como naqueles puntos concretos da rede viaria nos que sexa imposible limpar con medios mecánicos, tal como consta no convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballo.

A brigada de incendios, que traballa en coordinación do Servizo Municipal de Protección Civil, comezou a súa actividade en agosto e estará operativa durante tres meses.

Comentarios