Martes. 23.04.2024
El tiempo

Novo atropelo en Carballo

Novo atropelo en Carballo
Arredor das 20:00h da tarde do pasado mércores 27 de decembro, unha muller foi evacuada en Carballo despois de ser alcanzada por un turismo na Rúa da Fábrica. A muller foi trasladada nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias para ser atendida das feridas provocadas polo atropelo, que se produciu cando a muller aparentemente cruzaba por un paso de peóns. Foi o propio implicado no accidente quen se puxo en contacto co 112 para solicitar axuda. Así, desde o CIAE 112 Galicia avisouse aos bombeiros da vila e aos axentes da Policía Local.

Fonte

  • AXEGA.

Comentarios