Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novo centro veciñal en Vilela

Novo centro veciñal en Vilela
O acondicionamento da escola de Vilela como punto de encontro veciñal complétase coa instalación dun parque infantil. En canto o tempo o permita os traballos completaranse co pintado do muro de peche, como se acordou no Consello Parroquial. Novo Parque Infantil no C.S. de Vilela (Carballo) Hai un ano a escola de Vilela estaba pechada. Desde que deixou de haber alumnado o edificio carecía de uso, pero a raíz da creación do Consello Parroquial xurdiu un movemento veciñal interesado en recuperar ese espazo como punto de encontro veciñal e como sede dunha asociación que contribuíse a dinamizar a vida social da parroquia. Nove meses despois da primeira reunión do Consello Parroquial, en Vilela hai xa unha asociación que conta con 86 membros, o interior da escola está acondicionado e esta semana comezou a instalación dun parque infantil no exterior. O compromiso incluía tamén o pintado do muro de peche exterior, que se acometerá en canto o tempo o permita. Proba do dinamismo da parroquia de Vilela é a ampla presenza de xente nova no Consello Parroquial e que boa parte das peticións trasladadas ao Concello de Carballo teñan que ver coa posta en marcha de servizos para a infancia.

Comentarios