Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Apalpador visita a biblioteca Rego da Balsa

O Apalpador visita a biblioteca Rego da Balsa
apalpador-rego-da-balsa apalpador-rego-da-balsa A biblioteca Rego da Balsa recibiu xa a visita do Apalpador recén chegado do Courel coa axuda da asociación ambiental Senda Nova. Unha vez alí, ademais de recibir aos nenos e nenas de Carballo, aproveitou a ocasión para inaugurar "O Apalpador Imaxinado", unha exposición de muriais que os propios nenos e nenas de Bergantiños se encargaron de elaborar o pasado Nadal e na que se pretende poñer en valor a súa figura a través do proxecto "O Apalpador na Escola". O carboeiro do Courel continuará estes días polos distintos centros educativos de Bergantiños para que os nenos e nenas lles axuden a protexer o lobo galego. Novas relacionadas Fonte

Comentarios