Martes. 19.03.2019
El tiempo

O BNG en Carballo denuncia a falta de inversións sanitarias para 2018

O BNG en Carballo denuncia a falta de inversións sanitarias para 2018
Nun comunicado, os nacionalistas na capital bergantiñan considera inadmisible que o presidente da xunta se despache sen anunciar inversións sanitarias no concello para este ano. Centro-de-Saude-de-Carballo Centro-de-Saude-de-Carballo "Feijoo", din dende o BNG, "deu a coñecer hoxe o plan de investimento que levará a cabo a Xunta ao longo desta lexislatura “para mellorar os servizos de atención primaria”, un plan que inclúe a construción de 18 novos centros e a ampliación de dous, pero nin entre os primeiros nin entre os segundos figura o de Carballo. "Isto significa", afirman os nacionalistas, "que, polo menos ata o 2020 -e moito nos tememos que mentres o PP siga gobernando en Galiza- a Xunta seguirá penalizando aos nosos veciños e veciñas sen unhas novas instalacións que eviten a saturación do edificio actual e dos profesionais que prestan servizo nel. Pouco se pode agardar do goberno autonómico do Partido Popular cando nin sequera o deputado de Carballo, que ademais é portavoz do grupo municipal do seu partido, vota a favor das emendas presentadas polo BNG para poñer fin ás principais eivas que ten o noso concello en materia sanitaria. O partido frentistas considera que "desde a Xunta xa nos deixan claro que non consideran importante que Carballo teña un novo centro de saúde, pero tampouco unha ambulancia medicalizada ou máis consultas de especialidades". O BNG en Carballo tamén critica a postura do voceiro do PP na vila; "Cando Aurelio Núñez nos pide a través da prensa que “reflexionemos” sobre a nosa política social no Concello de Carballo debería pensar que a sanidade tamén forma parte da política social de calquera goberno. Por certo que, tal como recolle a Xunta na súa páxina web, a Consellería de Política Social é o órgano con “competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de familia, menores, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, inmigración, atención ás persoas discapacitadas e ás persoas maiores, a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e as políticas de xuventude e voluntariado”. Por desgraza, desde as Administracións locais vémonos obrigados en más ocasións das que serían desexables a asumir parte desas competencias".
Comentarios