Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O CEIP Fogar de Carballo súmase ao proxecto de Derrubar Muros con Pintura

O CEIP Fogar de Carballo súmase ao proxecto de Derrubar Muros con Pintura
derrubando-muro-ceip-fogar-carballo O sistema solar é o protagonista dunha serie de murais que didácticos que albergarán as paredes do CEIP Fogar de Carballo O sistema solar é o protagonista dunha serie de murais que se didácticos cos que o CEIP Fogar de Carballo quere "derrubar os seus muros". Desta forma, o centro de ensino súmase ao pioneiro proxecto que converte a vila nun museo ao aire libre. “A idea é converter as paredes en formas de ensinar”, explica o director do colexio - Fernando Garea -. A partir de agora, a aprendizaxe dos planetas xa non será só unha materia máis de estudo, senón a oportunidade de experimentar coas clases ao aire libre. A autora artística foi Emi de las Heras, que onte recibiu os parabéns do alcalde, - Evencio Ferrero -; o concelleiro de Promoción Económica - Xosé Regueira - , e a concelleira de Educación - Mar Eirís -. Fernando Garea agradeceu o apoio do concello de Carballo, “que o temos para todo”, e o traballo desenvolvido por Emi de las Heras, que continúa pintando no colexio cun grupo de nenos e nenas que están trasladando á parede as súas propias representacións da vida extraterrestre. “Deste xeito queremos que tamén se sintan útiles, porque este é un traballo conxunto”, sinalou o director. Dentro de pouco tempo o patio do CEIP Fogar será unha aula máis ao aire libre. Ademais do sistema solar, os alumnos e as alumnas poderán estudar a evolución da especie humana, a diversidade das comunidades e os recursos naturais, que son outros tres temas que tamén axudarán a derrubar muros na escola.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios