Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Círculo Feminista de Carballo concéntrase contra o asasinato machista de O Porriño

O Círculo Feminista de Carballo concéntrase contra o asasinato machista de O Porriño
Xa están convocadas para hoxe concentracións en varias cidades en repulsa ao asasinato machista de Mª Magdalena Moreira Alonso que tivo lugar o luns no O Porriño. O Círculo Feminista de Carballo vén de convocar unha concentración na vila carballesa que será ás 20:00 horas na praza do concello. O acto comezará con un minuto de silencio e leremos un manifesto, mostrando que o feminismo galego non vai ficar calado ante a violencia machista e que sae e sairá ás rúas para denunciar calquera suceso de violencia de xénero que suceda na nosa terra. Exposición Por outra parte, ata o 1 de xullo o local do Casino1889 acolle unha exposición fotográfica que leva por título “En bici, ti mesma”. Trátase dun conxunto de retratos de mulleres que empregan a bicicleta como medio de transporte habitual, realizados por alumnado do ciclo de fotografía da ESAD Mestre Mateo, de Compostela. Estes traballos están inseridos no programa de actividades que se celebraron nesa cidade arredor do 8 de Marzo, en colaboración coa asociación cívica Composcleta e a concellaría de Igualdade do concello de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Fonte Redacción QPC (info@quep

Comentarios