Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O concello de Carballo céntrase na dinamización do comercio local

O concello de Carballo céntrase na dinamización do comercio local
premios-nadal-carballo Onte entregaronse os galardóns aos gañadores e gañadoras do concurso de escaparates de Nadal organizado polo concello de Carballo Os gañadores e gañadoras do concurso de escaparates de Nadal convocado polo concello de Carballo recolleron onte os seus galardóns nun acto no que o concelleiro de Promoción Económica - Xosé Regueira - os convidou a seguir participando e a seguir mellorando a imaxe do comercio carballés. As iniciativas enfocadas á dinamización do comercio local de Carballo materializarase este ano, por exemplo, na introdución do selo Carballo Compromiso Calidade no sector comercial, “e iso vai servir para diferenciar os que o facedes moi ben dos que non o fan tan ben, porque está ben que cada vez se avance máis en xeral pero tamén está ben recoñecer aos que avanzades a un ritmo máis rápido ca outros”, manifestou Regueira. Ademais, no 2018 reforzaranse as accións enfocadas á dinamización do comercio local con outras accións nas que xa se está a traballar para poñer en práctica ao longo do ano co obxectivo de fortalecer un sector que se enfronta a competidores tan duros como a venda electrónica. Na entrega dos premios, que tivo lugar na Casa do Concello, a técnica de Promoción Económica, Paula Lema, agradeceu o esforzo que fixeron os 20 establecementos participantes para darlle visibilidade ao traballo que se desenvolve desde a área municipal e desde o propio sector. Un sector que, en palabras do alcalde, está a un nivel “moi bo”. Evencio Ferrero manifestou que aspectos como o coidado dos escaparates “falan moi ben do comercio de Carballo” e contribúen non só a reforzar a imaxe dunha determinada marca comercial, senón tamén “da marca Carballo”. O alcalde está convencido de que fronte ás ameazas que van aparecendo “a mellor forma de implantarse e resistir é poñer en valor e confiar no propio”. A campaña SemecachaDEScóntovos, que se desenvolveu durante a época de Nadal, non só premiou ao comercio, senón tamén “a quen compra en Carballo”. Ese galardón está representado este ano por Soraya Varela, que tamén asistiu ao acto de hoxe para recoller o seu billete para a Illa de Madeira, á que viaxará xa a principios de marzo para gozar de oito días de vacacións para dúas persoas con estancia e almorzo incluídos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios