Venres. 29.03.2024
El tiempo

O FIOT abre mañá a venta de entradas para o público en xeral

O FIOT abre mañá a venta de entradas para o público en xeral
Hoxe remata o prazo para que os socios e socias da asociación cultural Punto e Aparte podan mercar os bonos para a XXVII edición do Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT -. Xa a partir de mañá, 25 de setembro, a venda de bonos ábrese ao público en xeral. A compra anticipada das entradas poderá facerse a través plataforma Ticketea, na propia web do festival (fiot.gal) ou a través da súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/festivafiot) As entradas tamén se poden mercar de forma anticipada por vía telefónica chamando ao número 902 044 226. Nestas mesmas canles, tamén se poderán mercar as entradas soltas para os espectáculos de sala, o ciclo OTNI e a sesión dobre no Mercado que se abrirán sempre o día anterior a cada función. Outra modalidade de compra é a presencial, aberta dende 90 minutos antes de cada sesión na billeteira do Pazo da Cultura. Por outra banda, as entradas para os espectáculos interpretados nos locais de hostalería pódense adquirir nos propios establecementos. Primeiros espectáculos Os primeiros espectáculos do FIOT 2018 comezarán o venres día 28 de setembro ás sete da tarde co espectáculo da Musicleta, que correrá a cargo do grupo Pulpiño Viascón. O mesmo día, ás 20:30 horas, a Praza do Concello acolle a actuación da compañía valenciana A Trócola Circ. E un pouco máis tarde, ás 22:00 horas arracan a "Rúa dos Contos" coa actuación de Avelino González, na cafetería Colón, e con Marcos Pereiro ás 00:00 horas no mesón do Pulpo. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/41-espectaculos-reforzan-a-27a-edicion-do-fiot/ “Lolita trae ao FIOT a súa obra de teatro “Freda”” — Que pasa na costa “A compañía Ron Lalá estrea no FIOT a súa obra “Crimen y Telón”” — Que pasa na costa “Este ano o derbi xógase no FIOT27 entre Carlos Blanco e Touriñán” — Que pasa na costa “O FIOT premia a Manuel Lourenzo co Xograr de Outono 2018” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios