Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP carballés critica o PXOM despois de apoiar a súa aprobación

O PP carballés critica o PXOM despois de apoiar a súa aprobación
Miguel Angel Ferreiro con Negreira

A semana pasada tiña lugar, por fin, a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo. Un PXOM que contou cos votos a favor do PP, un grupo que, sen embargo, hoxe o critica.

Sinala que “este non é o Plan que quixera o Partido Popular nin é tampouco o Plan da Corporación de Carballo. Este é o Plan de quenes teñen responsabilidades de goberno e teñen a capacidade para poder decidir”. Critican “a desidia do Sr. Ferrero que estivo preto de 11 anos, que se di pronto, para finalmente presentar o pobo de Carballo un mal plan”.

Miguel Ferreiro Suárez (voceiro do PP en Carballo), considera que “O plan non desenrola o litoral, algo fundamental para o crecemento turístico de Carballo –non hai posibilidade sequera de facer un hotel para o turismo nin en Razo nin en Baldaio-. Os veciños do lugar de Arnados quedan na práctica case sen posibilidade de aproveitamento urbanístico. Non se da solución algunha a multitude de familias que inverteron en fixón-os areos. En moitas zoas redúcese considerablemente a edificabilidade, cando non o solo urbano –moitos veciños que tiñan solares e que viñan pagando a contribución por eles quedan co chan sen aproveitamento- e en outras zoas ábrese a manga aumentando a edificabilidade con criterios pouco claros e que non parecen responder os intereses xerais, e un longo encetará. O considerable retraso fixo que nos foran collendo polo camiño diversas reformas legais, incluída agora a normativa europea sobre os inundables, que supón un grave problema para moitísimos veciños”.

Ao tempo, explica por que votou a favor: “A priori, tendo en conta o anterior, non deberíamos votar a favor. Pero no outro lado da balanza sitúase o feito de que Carballo tivese que rexerse por unhas normas totalmente obsoletas do ano 80 que farían imposible o crecemento ordenado do noso pobo. Cando se nos pon na disxuntiva de votar a favor un mal plan ou non ter ningún temos que optar por aquelo que e menos malo, porque Carballo ten que estar por enriba dos intereses partidistas”.

”Quen di a verdade?”, pregúntase Ferreiro sobre o suposto informe que falta de Augas de Galicia, do que xa deu conta o goberno municipal.

Pero vai máis alá Miguel Ferreiro sinalando que “Todos os proxectos para Carballo presentan problemas pola nula capacidade de xestionar que ten o goberno –contrato da auga, plan de transporte metropolitano, alumeado público, estado dos viais municipais, proxecto anllons bardoso, aparcamentos-. A realidade e que mentres outros pobos similares a Carballo medran por facer ben e a tempo as cousas –Narón, Oleiros, Ames, Arteixo- Carballo retrocede e chega tarde a todo”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Carballo.

Comentarios