Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PSdeG comprométese a estudiar a conexión entre o polígono de Bértoa e a estrada de Santiago

O PSdeG comprométese a estudiar a conexión entre o polígono de Bértoa e a estrada de Santiago
Empresarios do poligono de Carballo mantiveron onte unha reunion con representantes do PSdeG Empresarios do polígono de Carballo mantiveron onte unha reunión con representantes do PSdeG Os partidos políticos entran na recta final da campaña electoral do #25S coa axenda ben cargada de citas. Así, onte os membros da asociación de empresarios do polígono de Carballo mantiveron unha reunión co representante do PSdeG Valentín González Formoso despois de que xa se citaran en días anteriores con membros do PP e coa candidata nacionalista Ana Pontón. Os empresarios conseguiron que Formoso se comprometera a estudar a viabilidade de facilitar a conexión do polígono coa estrada Carballo-Santiago, unha vella reivindicación contemplada no actual PXOM que os técnicos deberán analizar de forma exhaustiva e pormenorizada. O socialista tamén amosou o seu apoio aos empresarios para a redacción do seu plan director, no que será clave a dotación de gas natural e fibra óptica para incrementar a súa competitividade. Na reunión, na que tamén participaron outros representantes locais do PSOE como María Carmen Vila, Valentín Costa Trigo, José Antonio Viña Patiño e María Torres, fixeron unha análise xeral sobre o tecido produtivo e os proxectos emprendedores na provincia da Coruña. Pola súa banda, a directiva do polígono, representada polo seu presidente Antonio Gómez e o secretario Juan Carlos Fernández, valorou o encontro como “altamente” positivo debido á oferta de colaboración manifestada polo PSOE. Novas relacionadas Fonte

Comentarios