Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PSOE carballés presenta un duro informe xeolóxico sobre o lamentable estado da estrada de Razo

O PSOE carballés presenta un duro informe xeolóxico sobre o lamentable estado da estrada de Razo
Taludes na praia de Razo Taludes na praia de Razo

Semana activa para o PSOE carballés. Despois de abrir as súas portas o pasado xoves para que os militantes asinasen os seus avais para os 3 precandidatos ás Primarias dos Socialistas Galegos (Villoslada, Leiceaga e Gonzalo Caballero), veñen de presentar varias mocións.

A máis destacable foi a relativa á situación grave da calzada da praia de Razo, con claro risco de desprendemento. Os carballeses Maricarmen Vila Blanco e Valentín Costa, así como a deputada laxense Loli Toja e o senador Ángel Mato, presentaron un completo informe xeolóxico sobre a situación.

Un informe que veñen de realizar despois de que o ano pasado fóra rexeitada unha moción presentada cos votos en contra do grupo de goberno. “Ante a nosa insistencia por razóns de seguridade pública, o goberno finalmente recoñeceu a existencia dun importante risco para a cidadanía pero alegando que non eran as súas competencias senón de "Costas" manifestou que non tomaría ningunha iniciativa, e cando propuxemos que se elaborase un informe técnico (como o que agora presentamos) negáronse aducindo que o goberno non ía asumir o seu custo, co cal non nos quedou máis remedio que asumilo nós, pois entendemos que ante todo prima a vida das persoas”, sinalan dende o PSOE local.

Deste xeito, o PSOE ten levado o caso ao Parlamento autonómico como ao Parlamento Español a través do Deputado Ricardo García Mira e mesmo tamén ao Senado da nación. “Agora seguiremos traballando para que as obras necesarias consten reflectidas no próximos orzamento xerais do Estado para o 2018 así como en breve esperamos ter unha serie de reunións coas Administracións competentes como grupo de oposición tentando suplir a falta de iniciativa por parte do grupo de goberno municipal”, sinalan en relación á necesidade de abordar unha necesaria obra.

Abastecemento de auga

Ao mesmo tempo, e unha vez que xa entrou en vigor o novo contrato de abastecemento de auga e que prevé unha partida de 2 millóns destinada a obras de mellora e ampliación das redes municipais, dende o PSOE piden que o goberno municipal comece as accións necesarias para dotar de abastecemento de auga aos lugares do litoral de Carballo.

Fonte

  • PSOE de Carballo.

Comentarios