Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE pide revisar á baixa o valor catastral dos inmobles carballeses e o PP esixe fixar os beneficios fiscais ás familias numerosas en función da renda

O PSOE pide revisar á baixa o valor catastral dos inmobles carballeses e o PP esixe fixar os beneficios fiscais ás familias numerosas en función da renda

A oposición carballesa lanza esta semana dúas novas propostas.

Revisión do Catastro

O PSdG carballés presenta unha moción para que o Concello de Carballo solicite no prazo establecido a revisión dos valores catastrais do termo municipal en base ó disposto no Artigo 32 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.

Baséase o grupo socialista en que os valores actuais débense a unha Penencia elaborada en 2008, nas proximidades dun máximo de valores que non corresponde coa situación económica actual. ”A aplicación desa Ponencia deu como resultado que moitas vivendas sufriran un incremnto superior ó 80% na súa valoración. De feito, e para paliar o efecto, o Concello optou por reapartir ese incremento nos dez anos seguintes, sendo este 2018 o de aplicación do valor total aos efectos do IBI”. Nese sentido, consideran que “a perda de recadación no IBI sería perfectamente asumible no contexto das liquidaciós presupostarias dos últimos anos.”

196 Familias numerosas

Pola súa parte o PP levará tamén ao vindeiro pleno unha moción na que insta ao goberno local a que fixe os beneficios fiscais e as taxas municipais das familias numeross en función da súa renda e dos seus ingresos per cápita. Son 196 familias as que poderían beneficiarse desta medidas. Unhas familias que xa presentaron as súas demandas ao goberno municipal a través da Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN),.

Solicitan axudas como a redución do IBI, nas taxas das escolas infantís ou garderías municipais, no Conservatorio ou Escolas de Música, nos prezos públicos de actividades deportivas, recreativas ou culturais, ou nas taxas de lixo, sumidoiros ou auga.

Comentarios