Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O río Anllóns súmase á limpeza simultánea do Proxecto Ríos

O río Anllóns súmase á limpeza simultánea do Proxecto Ríos
A organización ecoloxista Senda Nova únese á XI Limpeza Simultánea "Móllate polos ríos", que organizada por Adega baixo o Proxecto Ríos. Neste caso, a limpeza levarase a cabo no río Anllóns ao seu paso pola ponte de Bértoa. Esta é unha actividade de concienciación ambiental aberta a toda a veciñanza. Os/as interesados/as en particpar poden achegarse ata o lugar ás 11:00 horas ataviados con botas e luvas. Máis información no 617197591. O proxecto A XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 51 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 63 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de Adega, centros de ensino…) e tamén 7 concellos que organizan directamente esta actividade. Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta novena edición. A limpeza, que será o 30 de setembro, mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 51 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. A limpeza conta co financiamento de: Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Fundación Biodiversidad, Augas de Galicia e o IET, e dos seguintes concellos: A Estrada, Allariz, Arzúa, Ames, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Meis, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo, e Tomiño. Para levar a cabo a actuación existe un protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais, que se pode descargar da web de Adega. Tamén se agasallará aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes, promotoras e colaboradoras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios