Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O SabadellGallego pon en marcha unha campaña para promocionar Carballo

O SabadellGallego pon en marcha unha campaña para promocionar Carballo
cremos-en-carballo-banco-sabadellgallego Directivos do banco SabadellGallego presentaron onte en Carballo a nova iniciativa comercial "Cremos en Carballo" é o nome da iniciativa posta en marcha polo banco SabadellGallego encamiñada a promocionar a imaxe da vila, dinamizar a economía local e animar á cidadanía a realizar as súas compras no comercio de proximidade. O director da zona Galicia Noreste do banco SabadellGallego, Juan Moríñigo, e outros directivos da entidade reuníronse onte co alcalde, Evencio Ferrero, para presentarlle a campaña. O concello e Carballo apoia esta campaña, que está aberta a todos os establecementos e que se estenderá ao longo de todo o ano. Os comercios que se adhiran á promoción poderán ofrecer aos seus clientes a posibilidade de participar nun sorteo cuxo premio será un cartón regalo de 1.000 euros para trocar nos establecementos que formen parte da campaña. O banco instalará en cada un deles unha urna para que os clientes poidan depositar os boletos de participación no sorteo ao facer as súas compras. Outra acción consistirá na distribución gratuíta de 6.000 bolsas ecolóxicas deseñadas polo estudo Cala a Boca que reproducen un treito do paseo do Anllóns e que inclúen un lema para poñer en valor o comercio local. Todo iso acompañarase cunha ampla difusión publicitaria. O obxectivo da campaña, explican desde SabadellGallego, é “activar o crecemento económico na cidade de Carballo e animar á xente a que frecuente os seus comercios para gozar duns servizos de proximidade e calidade. En definitiva, contribuír a xerar unha inercia positiva que beneficie aos comerciantes de Carballo e a toda a cidade”. Fonte

Comentarios