Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Obradoiro para coidadores en Carballo

Obradoiro para coidadores en Carballo
A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo, a través do programa Cóidame-Cóidate da Obra Social de La Caixa, ofrecerá ás persoas coidadoras a posibilidade de asistir o vindeiro martes 12 a un obradoiro de prevención da saúde. A escola de costas trata de mellorar a calidade de vida das participantes, que deste xeito poderán, ademais, prestar unha asistencia máis eficaz e de maior calidade ás persoas dependentes. Os obradoiros permiten constatar a situación de desprotección na que se atopan en motos casos as persoas coidadoras, desbordadas pola inxente cantidade de traballo de toda índole que deben asumir a diario, case sempre en solitario. Esta sobrecarga de traballo agrávase polas doenzas derivadas do gran esforzo físico e polo escaso recoñecemento, a pesares do seu extraordinario labor. Neste sentido, o programa combina ferramentas de auto-confianza e motivación con sesións de prevención da saúde nos que se formará ás persoas participantes nas principais técnicas de mobilización de persoas dependentes, fomentarase o uso das axudas técnicas, ofreceranse pautas para previr a aparición de patoloxía músculo-esquelética e normas básicas se hixiene postural para aplicar na vida diaria. O obradoiro desenvolverase de 10.00 a 13.00 horas no salón de actos do segundo andar do Pazo da Cultura. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 981704706 ou pasar polo edificio de servizos sociais (antigo ambulatorio) para inscribirse na xornada.

Comentarios