Venres. 19.04.2024
El tiempo

As obras da rúa Luís Calvo obrigarán a modificar o tráfico rodado durante uns días

As obras da rúa Luís Calvo obrigarán a modificar o tráfico rodado durante uns días

As obras de instalación dos servizos urbanísticos na rúa Luis Calvo obrigarán a realizar modificacións no tráfico rodado dende o sábado 1 ata o mércores 5 de febreiro, o prazo necesario para acometer a instalación das canalizacións.

A rúa Luis Calvo permanecerá pechada no treito comprendido entre a rotonda e a rúa Xestas só para os vehículos que circulen en dirección a Coristanco. Na rúa Perú colocarase un sinal para indicar a prohibición de paso para os camións de máis de 5 toneladas, que terán que utilizar, obrigatoriamente, a circunvalación da AG55. Para o resto dos vehículos que se dirixan cara Fisterra sinalizarase unha ruta alternativa pola avenida da Cristina e a rúa do Pan. O tráfico en dirección a Carballo manterase con normalidade pola Luis Calvo.

Comentarios