Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os veciños de Carballo repensan a estratexia de mobilidade

Os veciños de Carballo repensan a estratexia de mobilidade
Facendo enquisas por carballo Facendo enquisas por Carballo

Seguen desenvolvéndose as enquisas a pé de rúa en Carballo. Unhas enquisas que servirán para coñecer mellor como se moven os carballeses pola capital municipal, e así reflexionar sobre a nova estratexia de mobilidade e de xestión do espazo público urbano. Este patrón de mobilidade dos carballeses, servirá de documento de partida para a creación de grupos de traballo e a elaboración dunha diagnose participada, froito da cal estableceranse as medidas de actuación a curto, medio e longo prazo.

A UTE Tema Ingeniería-IPlan Movilidad, que conta coa colaboración da Policía Local, estableceu 7 puntos de aforado que nos permitirán coñecer o tipo de vehículos que circulan pola nosa vila, a cantidade ou a velocidade á que circulan; en definitiva, cal é o comportamento dos condutores cando circulan polo casco urbano. En cinco deses puntos tamén se realizan enquisas moi breves aos automobilistas, para coñecer, fundamentalmente, o punto de orixe e o de destino. A maiores establecéronse outras tres zonas de enquisas a peóns e ciclistas, aínda que estes últimos escasearon durante a xornada de hoxe.

A empresa tamén analiza o nivel de ocupación en cada momento do día das áreas gratuítas habilitadas polo Concello de Carballo.

E, por último, a empresa estableceu unha serie de itinerarios en vehículo flotante, que consisten en conducir seguindo o tráfico, mantendo a velocidade da circulación, e medir o tempo que se tarda en realizar un percorrido determinado en ámbolos dous sentidos en distintos momentos da xornada.

Máis semana da mobilidade

Todo o plan está inserido na Semana da Mobilidade. Este venres 29 continúan as actividades arredor do Pedibús, e serán precisamente os propios cativos os que sinalicen as rutas, a partir das 16:30h, nunha xornada artística e divertidade. Para o sábado, haberá unha pequeruta en bicicleta de Praza do Concello polo Anllóns, tamén a partir das 16:30h. E o domingo, Andaina e Marcha Ciclista conMonteneme.

As accións continúan o sábado 7 de outubro, cunha ruta urbana en bicicleta para nenos a partir das 11:30h. e o domingo 8, cunha ruta histórico-cultural a pé, guiada por Xan Fernández Carrera, autor de “Guía de Carallo”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Carballo.

Comentarios