Venres. 19.04.2024
El tiempo

Pantallas solidarias para a familia de Vieiro

German Tojeiro leva pantallas solidarias a Vieiro
German Tojeiro levou as pantallas de protección a Vieiro
Pantallas solidarias para a familia de Vieiro

Nova demostración de solidariedade a que vén de vivir a vila de Carballo. Un grupo de comprometidos veciños formado por Germán Tojeiro, Carolina e Víctor, Primitivo, César, Ana e Abel, ou Marga, están enchendo de máscaras a vila. Aproveitando o confinamento e as ferramentas que posúen en forma de impresoras 3D, plásticos, deseño… están creando de xeito altruísta unha serie de pantallas de protección cómodas e eficientes para frear a pandemia.

Unha das últimas doazóns foi na familia de Vieiro. Germán Tojeiro levoulle varias pantallas de autoprotección para que a entidade mellore o seu protocolo de autoprotección, adaptando as súas instalacións con tabiques de protección e o correspondente Epis para a posta en marcha dos seus servizos presenciais, para salvagardar ao seu persoal e directivos. Esta contribución das pantallas compleméntase aos medios xa adquiridos por Vieiro.

Novas relacionadas

Comentarios