Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Poñendo a andar aos homes na loita pola igualdade

Poñendo a andar aos homes na loita pola igualdade
O Concello de Carballo quere promover a implicación de mulleres e homes nun programa de participación social pola igualdade. Para iso, no marco do proxecto Camiñando pola igualdade, artella varios talleres celebraranse arredor do 25N, que servirán para crear dous grupos de traballo estables que desemboquen na creación dun Consello da Muller e un Grupo de Homes pola Igualdade, e que poidan confluír nunha conxunta de participación social. Un proxecto que arrancará arredor do 25 de novembro, pero que terá continuidade. O primeiro taller para mulleres celebrarase o día 22, de 19.00 a 20.30 horas, na Biblioteca Rego da Balsa. Nesta primeira toma de contacto coñeceremos de primeira man as inquietudes e os pensamentos das participantes en relación das desigualdades de xénero. Nas seguintes sesións crearase un espazo dinámico para traballar o autocoñecemento, a autoestima e a valoración do que son e do que teñen as participantes. O grupo de homes arrancará o sábado 24, de 10.30 a 12.00 horas, do mesmo xeito e no mesmo lugar, e a partir de aí desenvolverase unha acción formativa para traballar o significado da masculinidade hexemónica, os valores e como afectan ao seu comportamento. Para inscribirte envía un correo electrónico a [email protected] ou chama ao Centro de Información á Muller (CIM) ao teléfono 981 700 686. O prazo está aberto ata o día 21. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude.  

Novas relacionadas

Comentarios