Martes. 16.04.2024
El tiempo

O PP de Carballo urxe ao goberno local a que recoloque temporalmente aos nenos que quedaron sen gardería

 

Reclaman “diálogo” e “altura de miras” para que desde a administración local e autonómica atopen unha saida ao problema

68732438_10215037247193527_159332330220027904_n
O PP de Carballo urxe ao goberno local a que recoloque temporalmente aos nenos que quedaron sen gardería

O grupo municipal do Partido Popular de Carballo trasladou este xoves a súa preocupación logo de coñecer o peche temporal da escola infantil Os Pequerrechos, debido ás obras de reforma que a dirección ten que acometer para mellorar a calidade das instalacións.

Segundo puideron constatar os populares, a actuación, que podería durar varios meses, deixará sen praza a máis de vinte nenos que a estas alturas do ano atoparanse con moitas dificultades para poder matricularse no centro.

Por tal motivo, desde o Partido Popular de Carballo instan ao goberno local a que medie para tratar de buscar acomodo a estes nenos nalgunha das outras escolas infantís municipales ou de titularidade autonómica que hai no municipio carballés.

“Non se trata de buscar culpables ao peche, nin de alarmar á xente, o importante é tratar de encontrar unha solución para unhas familias que se ven cun problema a unhas alturas do ano no que as prazas son escasas”, indicaron os populares.

Ante esta situación, e siendo conscientes de que o executivo local no é responsable desta situación, desde o PP carballés reclaman “diálogo” e “altura de miras” para que desde a administración local e autonómica atopen unha saida ao problema.

Comentarios